domingo, 1 de marzo de 2009

Actuación

Somos...

O grupo de música tradicional galega "Os trasnos da gaita", naceu fai catro anos e ó seu carón formouse a "Asociación cultural e musical Os trasnos da gaita".
Forman o grupo catro irmáns: Fátima, Xoán , Luis e María. Levan no mundo da música galega dende que cada un deles fixera os sete anos.

Os rapaces tocan percusión e as rapazas tocan gaita, pandeireta, piano, teclado...
Todos eles tamén cantan e bailan en grupo ou en parellas, mentres os outros dous tocan.

Os catro forman grupo con gaiteiros e gaiteiras doutras asociacións. Así tocan para Lembranzas Galegas, tamén tocan no Centro Cultural Rueiro como grupo de gaitas e como gaiteiros do grupo de baile da mesma Asociación.
Como grupo "Os trasnos da gaita" teñen un amplo curriculun ainda que son moi novos; no nadal do ano 2006 sacaron ó mercado o seu primerio disco titulado "A carón do mar" no que interpretan cancións cantadas e pezas tocadas.